Os animais e as súas funcións vitais.Nutrición.
Aparato dixestivo.
Aparato respiratorio.
Aparato circulatorio.
Aparato excretor.
Relación.
Órganos sensoriais.
Rede nerviosa complexa.
Estructuras locomotoras.
Reproducción.
Sexual.
Unisexuais / Hermafroditas.
Interna.
Externa.
Poden ser.
Ovíparos.
Vivíparos.
Ovovivíparos.
Asexual.
Fragmentación.
Xemación.
Simetría e cefalización.Simetría.
Bilateral.
Radial.
Forma irregular (sen simetría).
Cefalización.
Concentración das estructuras nerviosas e sensoriais nunha cabeza diferenciada e situada na parte anterior do corpo.
Clasificación dos animais.Cordados.
Vertebrados.
Columna vertebral.
Procordados.
Notocorda.
Invertebrados.
Sen columna vertebral.
Poríferos: Animais invertebrados, acuáticos, principalmente mariños, que viven fixos sobre fondos areosos, rochosos,...Características.
Simetría radial ou forma irregular.
Cavidade central (nela conflúen os conductos internos).
Ósculo (abertura superior que comunica a cavidade central co exterior).
Células non organizadas en tecidos.
Coanocitos: Células flaxeladas especializadas en distintas funcións.
Espículas: Diminutas espiñas flexibles que lles permiten sosterse.
Reprodución.
Sexual: Liberan os gametos na auga, fórmanse ovos dos que saen larvas que se fixan ao fondo e que se desenvolven.
Asexual: Por fragmentación ou por xemación.
Representativos.
Esponxas de cristal (regadeira de Filipinas).
Demoesponxas (esponxa de baño).
Cnidarios: Animais invertebrados, acuáticos, principalmente mariños, libres (como as medusas) ou fixos os fondos mariños (como o coral, actinias, hidras,...).Características:
Simetría radial.
Forma.
Parasol (medusa).
Saco (actinia).
Cavidade gastrovascular.
Boca (orificio central que comunica a cavidade gastrovascular co exterior).
Tentáculos (rodean, en tódolos casos á boca).
Teñen tecidos pouco especializados que non chegan a formar órganos.
Cnidocitos: Células especializadas, están na parte exterior dos tentáculos e teñen un pequeno aguillón con veleno.
Reprodución.
Sexual: Mediante gametos que expulsan a auga.
Asexual: Principalmente por xemación.
Representativos.
Medusas.
Corais.
Arrecifes de corais.
Actinias ou anémonas de mar.
Hidras de auga doce.
Platihelmintos: Animais invertebrados, de corpo aplanado (vermes planos), unha soa cavidade interna e unha única abertura (a boca) que pode faltar nalgunhas especies, soen ser parasitos doutros seres vivos.Características.
Órganos sinxelos, que non chegan a formar aparatos.
Glándulas dixestivas.
Testículos e ovarios.
Fibras nerviosas.
Reprodución.
Sexual: Poñen ovos (ovíparos).
Asexual: Por fragmentación.
Tanto eles como as súas larvas poden ser parasitos doutros animais.
Farinxe extensible (proxecta a súa boca fora do seu corpo).
Manchas oculares (células sensibles á luz, situadas na súa cabeza).
Representativos.
Dístomo de fígado (parasito do fígado dos seres humanos).
Tenia ou solitaria (parasito do intestino dos seres humanos).
Nematodos: Animais invertebrados, de corpo cilíndrico (vermes cilíndricos), unha soa cavidade interna en forma de tubo e unha abertura en cada extremo (a boca e o ano), abondan na auga e nos solos húmidos e tamén os hai parasitos doutros seres vivos.Características.
Órganos sinxelos, que non chegan a formar aparatos.
Glándulas dixestivas.
Testículos e ovarios.
Fibras nerviosas.
Reprodución.
Sexual: Poñen ovos (ovíparos).
Asexual: Por fragmentación.
Tanto eles como as súas larvas poden ser parasitos doutros animais.
Cutícula (envoltura de proteínas que recobre e protexe o corpo destes vermes).
Intestino (que atravesa todo o corpo e ten dúas aberturas, a boca e o ano).
Representativos.
Lombriga intestinal (parasita ao ser humano).
Filarias (parasitos que viven no sangue e órganos dos vertebrados; nos cans poden causala súa morte e transmítense pola picadura de certos mosquitos).
Anélidos: Animais invertebrados, denominados tamén vermes segmentados, que viven tanto en medios acuáticos como terrestres.Características.
Corpo alongado (forma de verme), dividido en aneis.
Cabeza ben definida.
Boca (nalgunhas especies teñen mandíbulas).
Palpos ou tentáculos (nalgunhas especies).
Ollos rudimentarios.
Teñen aparatos.
Circulatorio.
Nervioso.
Excretor.
Reproductor.
Algúns teñen órganos repetidos en cada dous aneis do corpo e están separados por uns tabiques chamados SEPTOS.
Reprodución.
Sexual: Poñen ovos.
Asexual: Rexenéranse a partir dunha parte do seu corpo, pero é pouco habitual.
Podios: Expansións carnosas que saen a ambos os dous lados de cada anel.
Quetas ou sedas: Pequenos pelos ríxidos orientados cara atrás, para axudar a reptación.
Representativos.
Oligoquetos.
Lombriga de terra.
Son terrestres ou acuáticos de auga doce.
Non teñen podios.
Teñen clitelo.
Non teñen palpos nin mandíbulas.
Desprázanse reptando.
Teñen respiración cutánea.
Poliquetos.
Vermes tubículas.
Acuáticos (xeralmente mariños)
Teñen podios e numerosas quetas.
Hai dous tipos.
Errantes (como os nereidos).
Viven enterrados na area.
Viven baixo as rochas.
Cabeza moi diferenciada
Sedentarios (como os vermes tubícolas).
Hirudíneos.
Samesuga medicinal.
Acuáticos ou terrestres de zonas moi húmidas.
Non teñen nin podios nin quetas.
Ao redor da boca teñen unha ventosa chupadora.
Soen ter ollos moi rudimentarios.
Desprázanse nadando ou reptando.
Algúns cazan e outros adhírense é pel dos vertebrados e chupan o seu sangue.
Moluscos: Animais invertebrados, que viven tanto en medios acuáticos (ameixas, polbos,... ) como terrestres (caracois, lesmas,...).Características.
Teñen aparatos e sistemas con órganos desenvolvidos.
Masa visceral.
Cabeza máis o menos desenvolvida.
Pé.
Manto (dous pregues carnosos na parte dorsal).
Cavidade do manto (alberga as branquias e o pulmón).
Na maior parte deles o manto segrega unha cuncha.
Reprodución.
Sexual: Poñen ovos dos que saen larvas antes de ser adultos.
Unisexuais.
Hermafroditas.
Representativos.
Gasterópodos.
Cuncha espiral.
Cabeza.
Catro tentáculos.
Rádula.
Pé.
Exemplos.
Caracol.
Lapas.
Lesmas.
Bivalvos.
Cuncha de dúas valvas.
Palmela.
Non hai cabeza.
Non hai rádula.
Pé.
Sifóns.
Exemplos.
Mexillón.
Ostras.
Nacra.
Cefalópodos.
Cabeza.
Boca con mandíbula (ten forma de peteiro de papagaio).
Manto (adoita ter aletas móbiles que melloran a natación).
Oito ou dez tentáculos con ventosas.
Pé (con forma de macheta para escavar).
Exemplos.
Sepia.
Lura.
Polbo.
Artrópodos: Animais invertebrados, son os máis estendidos polo planeta e poden ser acuáticos (gambas, percebes,...) ou terrestres (arañas, cempés,...).Características.
Corpo dividido en segmentos.
Teñen patas.
Teñen apéndices (palpos, antenas,...).
Cubertos por un exoesqueleto ríxido.
Aparatos complexos e especializados.
Órganos sensoriais precisos.
Sistemas respiratorios.
Reprodución sexual (poñen ovos).
Metamorfose e tipos.
Tipos.
Con desenvolvemento directo.
Ninfas.
Con desenvolvemento indirecto.
Larvas.
Con quelíceros, ollos simples e palpos.
Araña.
Con mandíbulas, ollos compostos e antenas.
Abella.
Grupos representativos.
Arácnidos.
Terrestres.
Corpo dividido en dúas partes.
Cefalotórax.
Abdome.
Catro pares de patas.
Dous palpos.
Nalgúns os palpos acaban en pinzas (escorpión).
Algúns teñen quelíceros.
Nalgún caso, como o escorpión, teñen unha longa cola que remata nun aguillón.
Algúns son microscópicos (ácaros).
Respiración traqueal.
Ollos simples.
Exemplos.
Arañas.
Ácaros.
Escorpións.
Crustáceos.
Case todos son acuáticos, algúns terrestres (de lugares húmidos xeralmente).
Corpo dividido en dúas partes.
Cefalotórax.
Abdome.
Respiración branquial (os acuáticos) e traqueal (os terrestres).
Ollos compostos.
Mandíbulas.
Antenas.
Dez ou máis pares de patas.
Nalgúns, o primeiro par de patas está transformado en pinzas (cangrexo).
Exemplos.
Gamba.
Camarón.
Cochinilla.
Cangrexo.
Percebe.
Miriápodos.
A maioría son terrestres.
Corpo dividido en dúas partes.
Cabeza.
Tronco.
Dividido en aneis.
Ollos compostos.
Antenas.
Mandíbulas.
Un ou dous pares de patas por anel.
Respiración traqueal.
Exemplos.
Escolopendra.
Milpés ou cardadores.
Cempés.
Insectos.
Maioritariamente terrestres.
Corpo dividido en tres partes.
Cabeza.
Tórax.
Abdome.
Ollos compostos.
Mandíbulas.
Antenas.
Tres pares de patas.
En moitas especies dúas ou catro ás.
Únicos invertebrados voadores.
Respiración traqueal.
Exemplos.
Escaravellos.
Formigas.
Bolboretas.
Moscas.
Equinodermos: Animais invertebrados exclusivamente mariños.Características.
Corpo cilíndrico, redondeado ou estrelado.
Case sempre, simetría radial.
Parede exterior grosa.
No seu interior, teñen un esqueleto calcario espiñoso.
Organización corporal complexa.
Sistemas ou aparatos desenvolvidos.
Sistema acuífero.
Pés ambulacrais.
Reprodución sexual.
Poñen ovos.
Algúns poden reproducirse asexualmente.
Por fragmentación (estrela de mar).
Representativos.
Estrela de mar.
Forma de estrela.
Viven nos fondos mariños.
Aliméntanse de invertebrados mariños.
Cogombros de mar ou holoturias.
Forma cilíndrica.
Viven nos fondos mariños.
Aliméntanse de restos orgánicos.
Ofiuroideos.
Disco central con brazos que parecen serpes.
Viven nos fondos mariños.
Móvense rapidamente.
Alimentación variada.
Ourizos de mar.
Forma de globo.
Teñen espiñas.
Viven nos fondos litorais.
Aliméntanse de algas e restos orgánicos.
O filo dos cordados.Características xerais.
Teñen aparatos ou sistemas ben desenvolvidos.
Reproducción sexual.
As catro características comúns dos cordados.A notocorda.
O cordón nervioso dorsal.
As fendeduras da farinxe.
A cola.
Clasificación dos cordados.Vertebrados.
Cabeza / tronco / cola.
Esqueleto interno.
Columna vertebral / cranio ríxido.
Peixes/ anfibios / réptiles / aves / mamíferos.
Procordados.
Notocorda toda a vida / non teñen esqueleto.
Urocordados (ascidia) / cefalocordados (anfioxo).
Peixes: Animais vertebrados, exclusivamente acuáticos que viven tanto nas augas doces como nas salgadas.Características xerais.
Forma hidrodinámica.
Potentes músculos no tronco e na cola.
Aletas.
Impares (dorsal, anal e caudal).
Pares (pectorais e pelvianas).
Non teñen colo (pescozo).
Dous ollos sen pálpebras.
Boca con dentes.
Sangue fría ou poiquilotermos.
Respiran por branquias.
Son ovíparos.
As súas crías chámanse alevíns.
A maioría teñen o corpo cuberto de escamas.
Tipos de peixes.
Sen mandíbula.
Son moi primitivos (Lamprea).
Corpo alongado e cilíndrico.
Unha soa aleta dorsal-caudal.
Orificios branquiais.
Pel núa (sen escamas).
Boca sen mandíbulas e con forma de embude.
Moitos dentes.
Esqueleto flexible de fibras e cartilaxe.
Cranio.
A LAMPREA e parasito doutros peixes, os que se adhire coa boca para alimentarse da súa sangue.
Cartilaxinosos.
Quenllas, peixes serra, raias,... pertencen a este grupo.
Corpo en forma de fuso.
Aletas pares e impares.
Aberturas branquiais en forma de regaña (non teñen opérculos).
Pel cuberta por diminutas escamas (dentículos) que lle dan a pel tacto de papel de lixa.
Boca en posición ventral.
Teñen mandíbulas e varias reas de dentes.
Esqueleto formado na súa totalidade por cartilaxe.
Óseos.
Salmón, atún, sardiña, pescada,... pertencen a este grupo.
Corpo aplanado lateralmente.
Aletas pares e impares.
Branquias protexidas por opérculos.
Vexiga natatoria que lles axuda a flotar.
Pel cuberta de escamas.
Boca no estremo da cabeza.
Teñen mandíbulas e numerosos dentes.
Esqueleto formado, principalmente, por óso.
Anfibios: Animais vertebrados, capaces de vivir no medio terrestre, pero moi ligados aos medios acuáticos ou a unhas condicións de humidade moi elevadas..Características xerais.
Catro extremidades.
Catro dedos nas anteriores.
Cinco dedos nas posteriores.
A miúdo os dedos están unidos por membranas.
A cabeza únese ao tronco sen un colo diferenciado.
Dous ollos con pálpebras.
Dúas fosas nasais.
Boca con mandíbulas e dentes.
Dous orificios para os oídos.
Pel moi fina e non é impermeable (ten que manterse húmida para non desecarse).
Glándulas que segregan moco para manter hidratada a pel fora da auga.
Son poiquilotermos (sangue fría).
Algunhas especies hibernan nas estacións frías.
Case todos son carnívoros.
Na etapa adulta, case todos, respiran por pulmóns.
Na etapa xuvenil teñen branquias, que algún conservan toda a vida.
Todos poden captar osíxeno da auga a través da súa pel (respiración cutánea).
Reprodución sexual.
As femias poñen ovos sen cáscara na auga, xa que se non están húmidos desécanse.
Deles saen crías, xeralmente acuáticas e con respiración branquial.
Posteriormente sofren unha metamorfose para transformarse en adultos de respiración pulmonar.
Tipos de anfibios.
Anuros.
Ra e o sapo son un exemplo destes anfibios.
Corpo compacto.
Non teñen cola.
Catro extremidades, as posteriores máis longas que as anteriores (adaptación o salto ou a natación).
Teñen pulmóns na etapa adulta.
Moitos dos machos teñen sacos bucais, cos que emiten sons.
Son de fecundación externa.
Urodelos.
Salamántiga e tritón son exemplos destes anfibios.
Corpo alongado.
Teñen cola.
Catro extremidades de lonxitude parecida.
Algunhas especies teñen branquias externas toda a súa vida.
Outras especies cambian as branquias por pulmóns na etapa adulta.
Uns poucos non teñen nin branquias nin pulmóns, presentando solo respiración cutánea.
Son de fecundación interna.
Metamorfose da ra.
PRIMEIRA ETAPA: Dos ovos nacen larvas acuáticas, sen extremidades, con cola e respiración branquial. Son os CÁGADOS.
SEGUNDA ETAPA: Despois, aparecen as extremidades posteriores e a cola redúcese progresivamente.
TERCEIRA ETAPA: Finalmente, desenvólvense as extremidades anteriores, desaparece a cola e as branquias son substituídas por pulmóns.
Réptiles: Animais vertebrados, dos que moitos “reptan”; foron os primeiros vertebrados capaces de habitar os medios terrestres áridos, aínda que algúns, pasado o tempo se adaptaron a vivir na auga.Características xerais.
Corpo de forma variable e sempre remata nunha cola.
Teñen dous pares de extremidades (salvo as serpes).
Nas extremidades teñen cinco dedos provistos de uñas afiadas.
Teñen colo diferenciado.
Dous ollos, dúas fosas nasais e dous orificios para os oídos.
Mandíbulas con dentes (salvo nas tartarugas).
Pel cuberta de escamas córneas e impermeables.
Son poiquilotermos (sangue fría).
Respiración pulmonar.
Reproducción sexual.
Fecundación interna.
Poñen ovos con cáscara impermeable.
Boca dos réptiles.
Dentes do mesmo tipo.
Lagartos, crocodilos, algunhas serpes,... teñen dentes cónicos e curvados cara a atrás, pero poden ser de distintos tamaños.
Dentes especiais.
Algunhas serpes teñen dous dos seus dentes superiores moi longos, ocos e conectados a glándulas velenosas. Cando cerran a boca abátevos.
Pico córneo.
As tartarugas non teñen dentes e no seu lugar presentan nas mandíbulas un recubrimento córneo que ten forma de peteiro con bordes cortantes.
Tipos de réptiles.
Tartarugas.
Corpo encerrado nunha cuncha ósea, da que saen a cabeza, as patas e a cola.
Hainas carnívoras, herbívoras e omnívoras.
Crocodilos.
Son os réptiles viventes de maior tamaño.
Adaptados a vida anfibia.
Son grandes depredadores.
Teñen potentes mandíbulas e dentes moi afiados.
Serpes.
Corpo alongado.
Non teñen patas.
Desprázanse ondulando o seu corpo.
Son carnívoras.
Moitas son velenosas cando morden.
Saurios.
Forman o grupo máis variado.
Inclúe:
Lagartos.
Lagartas.
Camaleóns.
Salamántigas.
Iguanas,...
Aves: Animais vertebrados voadores, aínda que algunhas están adaptadas para vivir no chan ou na auga.Características xerais.
Corpo compacto e lixeiro.
Catro extremidades.
As anteriores son ás.
As posteriores garras con catro dedos e uñas afiadas.
Colo longo e flexible.
Ollos con pálpebras móbiles.
Mandíbula, cuberta de peteiro córneo.
O peteiro varía segundo o tipo de alimentación.
Pel cuberta por plumas.
As plumas son diferentes segundo sexa a súa función.
A pel das patas esta cuberta de escamas como as dos réptiles.
Son homotermos (sangue quente).
Respiran por pulmóns.
Teñen unhas prolongacións chamadas sacos aéreos.
Teñen na traquea un órgano chamado sirinxe, co que emiten sons.
Reproducción sexual.
Fecundación interna.
Poñen ovos con cáscara dura.
Sacos aéreos:Os sacos aéreos son órganos que posúen as aves, que se enchen e baleiran de aire con cada inspiración e expiración. Neles non hai intercambio gasoso; este traballo, que consiste en reter o osíxeno e expulsar o dióxido de carbono,realízano nos pulmóns. As súas funciones son aumentar a lixeireza da ave, axudar na respiración e evitar un aumento excesivo da temperatura causada polo voo.
Plumas das aves: Recubrimento corporal lixeiro e resistente. Constan de:
Eixe central ou raques; del saen:
Unhas ramas flexibles chamadas barbas.
Ramifícanse en bárbulas.
Os tipos de plumas son:
De voo: Manteñen á ave no aire e permiten manobrar.
As das ás chámanse remeiras.
As da cola chámanse temoneiras.
Tectrices ou cobertoiras: Recobren o corpo para protexelo da intemperie.
Penuxe: Serven para conservar a calor do corpo e están situadas baixo as cobertoiras.
Por que voan as aves?
Aerodinámica.
Corpo aerodinámico que ofrece pouca resistencia ao avance no aire.
Ás e cola con plumas que facilitan o voo.
Esqueleto forte e lixeiro, xa que os seus osos están ocos.
Propulsión.
Musculatura de voo.
Músculos pectorais (peituga) moi desenvolvida.
Moven as ás con moita forza.
Teñen esterno con quilla.
Achega de osíxeno.
Os músculos para o voo consomen moito osíxeno.
Asegúrano axudándose dos sacos aéreos.
Control de voo.
Teñen boa visión.
Sistema nervioso moi desenvolvido.
Tipos de aves.
Ratites.
Carecen de quilla e de músculos para o voo.
As súas ás están atrofiadas.
Son aves corredoras.
Xeralmente, son de gran tamaño.
Exemplos:
Avestruz.
Kiwi.
Carenadas.
Teñen esternón con quilla.
Teñen músculos para o voo.
A maioría son voadoras.
Algunhas especies adaptaron as súas ás para nadar.
Exemplos:
Rapaces: Aguda visión, afiadas garras e gran potencia de voo.
Pingüíns: Ben equipados para nadar e mergullarse nas xélidas augas antárticas.
Zancudas: Longas patas que lles permiten entrar nas augas superficiais para pescar.
Mamíferos: Animais vertebrados que acadaron o maior nivel de complexidade.Características xerais.
Corpo de formas e disposicións variadas.
Catro extremidades (excepto algunhas especies acuáticas, como as baleas).
Están adaptadas a distintos tipos de locomoción.
Colo móbil que une a cabeza co tronco.
Dous ollos con pálpebras móbiles.
Dúas fosas nasais e dúas orellas (excepto nos acuáticos ).
Mandíbulas con diferentes tipos de dentes, segundo a súa función.
Pel cuberta total ou parcialmente de pelo.
Son homotermos (sangue quente).
Respiración pulmonar.
Teñen larinxe, coa que emiten sons.
Reproducción sexual.
Fecundación interna.
Vivíparos (excepcionalmente hai algún ovíparo, os monotremos).
Teñen glándulas mamarias.
As das femias producen leite para amantar as súas crías.
Os dentes dos mamíferos.
Incisivos.
Caninos.
Molares.
Alimentación dos mamíferos: Poden ser de distintos tipos, incisivos (planos e co bordo cortante), caninos ou cabeiros (cónicos e bicudos) e molares (anchos e con cristas afiadas na súa superficie)
Carnívoros.
Caninos moi agudos e grandes (para atrapar e dar morte as presas).
Molares con grandes cristas en punta (para cortar e triturar carne).
Incisivos (colaboran cos molares na mesma función).
Herbívoros.
Incisivos grandes (para cortar a herba).
Molares con ampla superficie (para triturala herba).
Caninos (adoitan carecer deles).
Omnívoros.
A mesma dentición cos carnívoros (ou moi similar).
Extremidades dos mamíferos.
Adaptadas a:
Nadar (aletas fortes e planas).
Correr (patas resistentes e rematadas en pezuños).
Voar (ás nas aves; no morcego os dedos son moi longos e están recubertos por unha membrana que fai a función das ás).
Agarrar (extremidades rematadas en dedos moi áxiles e musculados) .
Tipos de mamíferos.
Monotremos.
Mamíferos moi primitivos que se caracterizan por non ser vivíparos, xa que as súas femias poñen ovos (ovíparos).
As femias non teñen glándulas mamarias e a leite sae polos poros da súa pel.
Exemplos:
Ornitorrinco: Ten peteiro, os machos teñen nas súas patas esporóns con glándulas velenosas, vive na auga, as súas patas son parecidas as do topo.
Equidna: Parecese a un ourizo, e nocturno, caza formigas para o que utiliza o seu longo e estreito fociño, moi sensible.
Marsupiais.
As femias teñen útero, pero carecen de placenta, polo que paren os seus embrións antes de estar desenvolvidos e ó acabar de nacer deben introducirse na bolsa marsupial ou marsupio que rodea as mamas, onde se alimentan de leite ata que acadan o seu desenvolvemento.
Exemplos:
Canguros: Son herbívoros, desprácense a saltos axudados das enormes extremidades posteriores que posúen e para gardar o seu equilibrio utilizan a súa longa e pesada cola.
Sarigüeia: É carnívora, un dos poucos marsupiais que non vive en Oceanía, xa que habita principalmente os bosques de Norteamérica.
Placentarios: As súas femias teñen placenta que permite que o embrión se desenvolva totalmente dentro do útero materno; é o grupo de mamíferos máis numeroso do planeta e inclúe especies moi variadas.
Exemplos:
Tigres: Son os felinos de maior tamaño; son carnívoros e o seu hábitat natural son as selvas de Asia e encóntranse en perigo de extinción. Tamén son felinos os gatos, leóns, leopardos, panteras,...
Morcegos: Son mamíferos voadores, xeralmente nocturnos e case todos insectívoros. Outros aliméntanse de peixes, sangue doutros animais (os chamados vampiros), de néctar de flotes ou de froita.
Cebras e antílopes: Son mamíferos ungulados (herbívoros con pezuños nos dedos das súas extremidades), viven na sabana africana movéndose en grandes manadas para protexerse dos seus depredadores.
Baleas e golfiños: Son mamíferos acuáticos (cetáceos). O golfiño ten un cerebro moi desenvolvido que lle permite conductas complexas como xogar, emitir sons,...
Ser humano: É o máis desenvolvido de tódolos mamíferos o que lle permite ter conductas moi complexas e desenrolar unha linguaxe articulada.
GLOSARIO PARA INVERTEBRADOS
GLOSARIO PARA VERTEBRADOS